lunes, 26 de noviembre de 2012

Artigo de opinión "A importancia da Reciclaxe"

 
Na clase de 4ºB estivemos traballando con distintos tipos de texto ó longo do trimestre (carta, invitación, programación de actos, listados...). Nesta ocasión traballamos sobre o artigo de opinión.


Reproducimos aquí o artigo de opinión de Sergio que nos pareceu moi interesante:

"A reciclaxe sería a mellor alternativa para todos"

A reciclaxe sería o mellor para todos. 
Hai que poñer máis contenedores de cores en máis lugares porque hai xente que mezcla os plásticos con outros resíduos que non se corresponden no contenedor.
Está moi mal combinar as mondas da laranxa coas botellas de vidrio e cos plásticos. 
Temos a obriga de coidar o noso planeta. Ou queres que sexa un vertedoiro? Non sabes que a Terra é o único lugar onde se pode vivir? Non se pode vivir en Saturno, Mate, Xúpiter... Só podes vivir no planeta Terra e temos que coidalo.
En conclusión, digo que hai que poñer contenedores aquí, alí e alá e reciclar correctamente. Cada resíduo no contenedor correspondente. Así que... A COIDAR O PLANETA! 

María opina da seguinte maneira:


Vou falar da reciclaxe e vouno facer explicando o que pasaría se non reciclamos.
A reciclaxe é un acto importante, porque se non o facemos contaminamos o mundo, morreremos e puidera ser que desaparecera o mundo como o coñecemos agora.
Póñovos un exemplo dos perigos que ten non reciclar:
Para facer os folios e os papeis que utilizamos diariamente é necesario talar moitas árbores e moitos kilowatios de enerxía. Todo isto contamina o medio ambiente. HAI QUE RECICLAR!

Sabela escribiu o seguinte:

 Hoxe vouvos falar da reciclaxe e de como reciclar. 
En primeiro lugar quero decir que é moi bo reciclar. 
Digo esto porque se non houbera reciclaxe o mundo estaría cheo de lixo e suciedade. A reciclaxe é para ter limpo o noso planeta porque o mundo non é un vertedoiro e hai que coidalo porque non se pode vivir noutro planeta.
Polo tanto, xa sabes; unha boa maneira de ter o planeta limpo é reciclando.

 Transcribo aquí literlamente o artigo de opinión de Eloy:

Vou a falar da reciclaxe.
A miña idea é que reciclar é moi importante para coidar o planeta.
Digoo porque se non reciclamos agora non haberá raza humana nin ningun tipo de ser vivo. Si reciclamos, reducimos e reutilizamos poderemos ter un mundo mellor e provocar menos mortes e enfermidades.
En conclusión; reciclar é moi bo e xunto coa reutilización e a redución poderemos coidar mellor o noso planeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario