viernes, 23 de noviembre de 2012

INFORMAMOS ÁS FAMILIAS

Pouco a pouco van aparecendo novidades. Nesta ocasión e coa finalidade de alcanzar o obxectivo de trasladar a necesidade de RECICLAR á comunidade educativa, a Sociedade Galega de Medio Ambiente remitiunos uns dípticos con información básica e clave para iniciar o procedemento de reciclaxe nos fogares.

Dende o centro trasladamos esta documentación ás familias e esperamos que pronto poidamos contar cos contenedores para iniciar o proceso de reciclaxe no patio e nas nosas aulas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario